2/10/08

PUESTA EN ESCENA- OTEACOREDI.CON




O TEATRO COMO RECURSO DIDÁCTICO II


XUSTIFICACIÓN
Somos un grupo de mestres de Primaria que intentamos utilizar o teatro como recurso didáctico ante as problemáticas que podemos observar nos nosos centros de traballo. Neste curso trataremos a agresividade, a soidade e a integración. Para traballar estes tres aspectos usaremos distintas técnicas como a dramatización, os monólogos, o canto e a danza.

POSTA EN ESCENA
O obxectivo a traballar e que intentamos acadar cos nosos/as alumnos/as é a convivencia.
Elaboramos pegatinas co lema: GUAPA CONVIVENCIA. COMO MOLAS!!, así como un cartel para a actuación que incluirá o lema en grande.
Deseñamos unha gran escenificación dividida en tres grandes actos, cada un dos cales tratará unha das problemáticas a traballar.

1º ACTO: A AGRESIVIDADE.

Técnica: A dramatización. Trátase dunha obra de teatro dividida en tres esceas.
Personaxes: Os actores serán os/as nenos/as dos nosos centros, que representarán distintos personaxes de contos populares (Carapuchiña, os tres porquiños, os 7 cabritiños, Pinocho e o lobo feroz).
Vestuario: Elaboraranse traxes feitos polos rapaces na aula con materiais como cartolinas, bolsas de cores, goma eva,…
Ambientación: O escenario representará o patio dun colexio.
Guión da obra teatral:
1ª escena

(Os tres porquiños e o lobo. Abuso, burla)

PORCO 1- Ai! Non empurredes que imos caer!
LOBO -Anda! Que parecedes bebés. Chorades como nenas!
(Tócalle na cabeza ao último)
PORCO 2 – Para, por favor. Deixame en paz!
LOBO – (Facendo burla) Para, deixame en paz! Mira que sodes queixicas! Estades todo o día a protestar!
PORCO 3 – E ti non te cansas de meterte con todo o mundo? Deixanos tranquilos!
LOBO – (Meténdose diante) Deixame poñer diante que levo presa e o que diga algo doulle unha dentada que o deixo sen rabo.
PORCO 1- Oes ti, lobiño bo, non te coles, eu estaba primeiro.
LOBO – Lobiño bo! Lobiño bo! Dame unha fuciñada a ver se me apartas ti.
PORCO 2 – Debe ser un pouco triste ser un lobo! Sempre só e sen máis amigos que os que son como el.
A min, non me gustaría!

2ª escena

( Os sete cabritiños e o lobo)

(Os cabritiños xogando á pelota, entra o lobo e tira a un )
CABRITO 1 – Eh! Mira por onde vas!
LOBO – Cala , cabra pequena, e non molestes que levo presa!
(Seguen a xogar, volve o lobo e tira a outro que chora)
CABRITO 2 – Por que non vas máis amodo? Non ves que é pequeno.
CABRITO 3- Xoga con nós se queres, pero non vale abusar, que ti es máis grande.
LOBO – Eu non xogo con cabritos cativos que non saben nin meter un gol. E deixa de chorar que pareces un choromicas.
CABRITO 4- Ti si que es un animal e un abusón. Voullo dicir ao noso profe.
(Agarrandoo)
LOBO – Ti non lle vas dicir nada a ninguén porque como me castiguen, á saida heiche dar unha trabada no cu e deixote sen cornos.
(Marcha e seguen a xogar)
(Volve o lobo e lévalles a pelota)
LOBO – E esta cousiña redonda é para min.
TODOS – A pelota é nosa. Abusón!
LOBO – (Marchando) Auuuu!
CABRITO 5- Debe ser un pouco triste ser un lobo. Pasas o día só e pelexando con todos.
A min no me gustaría!

3ª escena

(Carapuchiña, Pinocho e o lobo) (Insultar)

(Están a xogar, Carapuchiña, Pinocho e unha nena saltando á corda, entra o lobo e tira con Carapuchiña)
CARAPUCHIÑA – Ai! Mancáchesme!
LOBO – Se non sabes saltar, para que te pos?
CARAPUCHIÑA _ Eu si sei , pero ti non me deixas en paz.
LOBO_ Cala gorda! E aparta.
PINOCHO – Marchade de aquí, que nós estamos a xogar moi tranquilos.
LOBO_ Mira o narizotas ese, o máis grande mintireiro que hai neste colexio!
PINOCHO – Eu serei mentireiro pero ti es un abusón e nós queremos xogar.
CARAPUCHIÑA_ Xa está ben, ti sempre andas a amolar a alguén. Vaite!
LOBO – Cala catro ollos! Non ves que non sabes. Eu son o máis forte.
PINOCHO_ O máis forte! Nin que eso fora importante.
CARAPUCHIÑA _ Debe ser un pouco triste ser un lobo ! Sempre berrando, demostrando que é o máis forte e sen tempo para xogar con ninguén.
A min non me gustaría!

GUAPA CONVIVENCIA. COMO MOLAS!!
Otecoredi.con

2º ACTO: A SOIDADE

Técnicas: Os monólogos e a canción.
Personaxes: Sete rapaces.
Vestuario: Sairán os sete vestidos de negro e cunha sílaba pegada no lombo e no peito.
Ambientación: Os sete rapaces estarán de costas para o público nun ambiente sobrio, para falar daranse a volta e faran reflexións sobre o teatro mediante monólogos.
Guión dos monólogos:
(Sete personaxes de costas cara o público. Cada un levará unha das seguintes sílabas pegadas no lombo e no peito: o-te-co-re-di-.-con)
(Escóitase unha base musical e os sete rapaces que estaban formando “otecoredi.con” camiñarán e colocanse polo escenario para comezar a falar seguindo a orde).

O: Ooooh!, eu son a O
redonda como unha pelota, como un aro,…
e xogo coa pelota eu só
Ooooh!, sigo sendo redonda
redonda coma un corro
Ooooh!, un corro
pero,… nun corro non estou só…
Un corro con Carla, Óscar, Raquel, Raúl, Orlando
Ooooh! E, sabedes? Si xuntamos as nosas iniciais
Formamos a palabra CORRO
(Comeza a cantar “Al corro de la patata”… e vai collendo aos demais rapaces e van facendo un corro mentres siguen cantando)
Ooooh! É divertido facer cousas xuntos.

TE: Eu son a sílaba TE
Móve-te
Cambia-te
Sabes ti que cousa é?
(Fai unha figura co seu corpo, espera e di que representa: un teclado, un teléfono, un telescopio,... Repite varias veces cambiando de figura)
Este xogo é moi divertido pero a ver se adiviñas ti quen son
veña, che, inténtao
Móve-te
Cambia-te
Sabes ti que cousa é?
(Repite e o os seus compañeiros de escenario irán respondendo)
Cámbiate, xógate, divírtete, móvete e conviveTE.

CO: Coooooooooooooooorrer
Xa cheguei, eu son a sílaba COcococo
A min gústame moito cooooooorrer
Cocococorrer por todo o patio
Dou voltas e máis voltas polo patio cocococooooooooorrendo
Pero cococorroooooo eu só
así ninguén me gaña cocococooooooooooorrendo
(Sae correndo por entre os outros rapaces que están no escenario, mesmo por entre o público)
Sempre gaño eu, e iso é xenial!
(Pensa)
Aínda que cocococoooooooooorrer a relevos
É moito máis doado e non me cansaría
Teño que buscar a alguén que me queira relevar nas miñas carreiras de cocococoooooooooooorrer
Correrá esa nena que se chama Coral, ou Coro, ou …?
Pois si que cococoooooorren conmigo
Así gústame cocococoooooorer todos xuntos
Como mola!!!

RE: Eu son RE
Re, re, re,


Re’ si do’ re’ re’re’ do’ si re’ si do’ re’ re’re’ do’ si_.
Uf!, pero … eu son unha sílaba, non son unha nota musical
Oh! Entón non podo cantar o conto ese, che
Co que che me regustaba
Uf!, penso… logo que…
este pauiño funcionará cos rapaces?
Imos probar. Atentos e…
(Diríxise ao público e faino cantar imitándoo e seguindo o movemento da batuta)





re re re re re re re re re re re re re re

rererere re re rererere re re re re re re re re

Otecoredi-Malpica








Pois…
Mellor xuntos que eu só.
Como che remola!

DI: DI, di, di, di, di
Son di
de … dididigo, dididigo
didiflores, didipegatinas, didicorazóns,
(Bota ao público flores de papel, pegatinas co lema, corazóns de cartulina,…)
didiledicia
i eu dididigo
xa dididixen moito,… e vós que dididicides? Dididicides?
Non dididicides nada?
Dididicido eu
Que dididigamos todos
Que estes daquí dididigan GUA
E esoutros dacolá dididigan PA
E agora dididicimos seguíndome a min, todos xuntos
GUA-PA, PA- GUA, GUA, PA, GUA-...GUA-PA, GUA-PA
(Fai unha seña para parar e continúa falando)
dididígoche que … a guapa convivencia, mólache!

.: Eu non son nada
un PUNTO
un punto só non é nada
con moitos punto formaría unha liña para formar unha corda
e así poder xogar
e máis puntos, máis cordas…
Eu no patio estou só
como un punto, só no patio
Se fosemos máis formariamos unha fila
para xogar coas cordas, ou non??
Guapa corda !!!

CON : Aquí estou
eu son CON
con nenos, con nenas
con sentidiño
con cariño
con ilusión
con xogos
con connosco
con diversión
i estaremos todos con convivencia guapa, eh?
Como molas!!!!!
CONvivencia!!!!!!!

(Unha vez rematados os monólogos, os sete rapaces acércanse e forman otecoredi.con e todos xuntos comezan esta canción)

otecoredi.con
ote, ote, otecoredi.con
ote, ote, otecoredi.con

ven a miña escola
verás como mola

se tes algún problema
que non ten sorprenda

pois esta é a canción
que ten a solución

otecoredi.con
ote, ote, otecoredi.con
ote, ote, otecoredi.con

para a agresividade
pon calma e xa che vale

ante a soidade
busca unha amistade

e para a integración
o baile a mogollón

otecoredi.con
ote, ote, otecoredi.con
ote, ote, otecoredi.con

Coreografía da canción: No estribillo os nenos estarán de costas ao público e xirarán cando dicen ote, ote, primeiro cara a esquerda e logo cara a dereita e movendo os brazos como se estiveran xirando un disco.
Para cantar as estrofas pegarán un salto para mirar cara o público e moverán os pés da seguinte maneira: os pés xuntos e flexionarán os xeonllos no tempo débil e os pés separados coas pernas estiradas no tempo forte.

GUAPA CONVIVENCIA. COMO MOLAS!!
Otecoredi.con

3ºACTO: A INTEGRACIÓN
Técnica: A danza
Personaxes: Haberá dous grupos de rapaces de número indeterminado.
Vestuario: Un dos grupos, o menos numeroso, irán vestidos de bailaríns. O outro grupo irán vestidos con roupas vellas, pintadas e rotas.
Ambientación: O escenario para este acto necesita unha barra de ballet nun lateral e despois o espazo libre.

Coreografía: As músicas que se van traballar para esta danza son:
“Serenade” (Frank Joseph Haynd).
“Thriller” (Michael Jackson).
“Muñeiras” (Cristina Pato).

Aperecen uns grupos de rapazas xunto a unha barra de ballet facendo posicións de calentamento mentres soa a seguinte peza: “Serenade” (Frank Joseph Haynd). Ata 1’09’’.
Compases 1 e 2: Será unha pequena introducción e polo tanto aparecerán no escenario só as barras de ballet.
Compases 3,4 e 5: Irán entrando as bailarinas en escena camiñando con moita delicadeza. É importante que as súas cabezas estean xiradas mirando cara o público.
Compás 6: Colocaranse ante as barras de costas ao público.
Compases 7,8 e 9: Farán Plié en 2ª.



Compases 10, 11 e 12: Relevé en 2ª.


Compás 13: Colocaranse na barra lateralmente, agarrándose á barra coa man esquerda.
Compases 14, 15, 16 e 17: Moveranse seguindo os pasos do Battement tendu. É moi importante a colocación dos brazos e da cabeza.




Compases 18 e 19: As bailarinas incorporaranse da posición anterior e colocaranse na barra pero agora agarraradas coa man dereita.
Compases 20, 21, 22 e 23: Levarán á práctica o Battement fondu.





Compás 24: Colocaranse na posición inicial e…

De súpeto escóitase un ruído estraño(parte da música do tema dancing 2), que asusta ás bailarinas, as cales se van agrupando nun curruncho do escenario e entran en escena o outro grupo de rapaces que van bailar un anaco da canción: “Thriller” (Michael Jackson). A súa disposición no escenario será:




Compases 1,2,3 e 4: Darán un paso en cada compás comezando co pé dereito.
Compases 5 e 6: Subirán o ombreiro dereito mentres moven os pés no sitio.
Compases 7 e 8: Subirán o ombreiro dereito dúas veces, movendo os pés no sitio.
Compases 9,10,11,12,13 e 14: En cada compás marcarán un paso lateral comezando co pé dereito, mentres moverán a pelve e a cabeza no compás 10 e no compás 13.
Compases 15 e 16: Cambiarán o paso lateral pois agora darán os pasos comezando co pé esquerdo e moverán a cabeza no compás 15.
Compases 17 e 18: Estiraranse e agacharanse con movemento de pelve.
Compases 19,20,21 e 22: Cambiarán de lado e moverán a pelve.
Compases 23 e 24: Situaranse mirando cara o público xuntando os pés e dando unha palmada cos brazos por riba da cabeza.
Compases 25 e 26: Estirarán a perna dereita, flexionando a esquerda e ergueranse xuntando os pés.
Compases 27 e 28: Subirán os ombreiros e moverán a cabeza a ambos lados.
Compases 29 e 30: Xuntarán os pés e darán unha palmada cos brazos por riba da cabeza.
Compases 31 e 32: Estirarán a perna esquerda, flexionando a dereita e ergueranse xuntando os pés.
Compases 33 e 34: Subirán os ombreiros e moverán a cabeza a ambos lados.
Compases 35,36,37 e 38: Camiñarán coas pernas abertas seguindo o esquema rítmico à
Compases 39 e 40: Balancearanse movendo todo o corpo de dereita a esquerda.
Compases 41 e 42: Darán un pequeno salto cruzando as pernas e acabando nun movememento de cabeza.
Compases 43 e 44: Agora darán o salto pero estirando as pernas e movendo a cabeza tamén.
Compases 45 e 46: Camiñarán cara a dereita dando tres pasos e acabarán movendo as mans preto das súas caras, adiante e atrás.
Compases 47 e 48: Camiñarán cara a esquerda dando tres pasos e acabarán movendo as mans preto das súas caras, adiante e atrás.
Compases 49 e 50: Darán un salto e xirarán a cintura.
Compases 51 e 52: Coas pernas abertas moverán o corpo cara abaixo e cara arriba.
Compases 53 e 54: Na mesma posición moveranse lateralmente.
Compases 55 e 56: Darán un salto coas pernas abertas e de costas ao público moveranse lateralmente.
Compases 57 e 58: Xiraránse e farán unha rotación de cintura poñendo os brazos en posición de baile en parella.
Compases 59 e 60: De lado farán un movemento de pelve.
Compases 61 e 62: Seguindo co movemento levantarán o brazo dereito facendo que se despiden.

A partir deste compás con xestos, este grupo invitará ás bailarinas a quitar os tu-tus para que bailen con eles. Ao principio as bailarinas poñen expresión de medo, pero os outros insisten e por fin elas ceden. Mentres van interpretando isto a música cambiará e empezará a soar:”Muñeiras” (Cristina Pato). No octavo compás xa estarán todos no escenario, formando unha fila e reprensentarán diferentes figuras en movemento cada 16 compases.










----

12ª A fila baixará do escenario, dará unha pequena volta por entre o público e acabarán diante do escenario baixo un gran cartel que pon:

GUAPA CONVIVENCIA. COMO MOLAS!!
Otecoredi.con

No hay comentarios: